Nas nosas instalacións de Dodro (A Coruña), preto de Padrón e Santiago de Compostela, apostamos pola calidade dos nosos produtos. Dispoñemos de matadoiro avícola e dedicámonos á distribución aos nosos clientes de carnes de pito e outras aves do día.
Carnes frescas de polo, pavo e coello de gran calidade
Na túa mesa desde hai máis de 50 anos
En Pollos Laiño apostamos por un produto fresco e de calidade, por iso nas nosas instalacións manipúlase, exclusivamente, carnes frescas do día. Principalmente traballamos o polo de orixe galega, pero tamén outro tipo de carnes.
Dispoñemos dunha consolidada carteira de clientes que aprecian a nosa dilatada traxectoria profesional, onde se mestura unha excelente calidade cárnica cun bo servizo de distribución.
Os nosos servizos viran ao redor de tres ramas:
Matadoiro de Aves
Venda Directa
Distribución e Venda Almacenista
Traballa connosco
Gustaríache formar parte do noso equipo?
Estamos a buscar persoas talentosas e apaixonadas que queiran unirse ao noso equipo. Se che apaixona traballar nun ambiente desafiante e dinámico, entón queremos coñecerte!